Espazo A Proa
Un espazo de traballo común para empresas e profesionais en crecemento
Coworking Ames
Espazo de traballo público
para mentes inquedas
Apoiamos iniciativas emprendedoras locais
Impulsar
Impulsamos novos proxectos
Apoiar
Apoiamos nos seus primeiros pasos
Cooperar
Cooperamos para chegar antes a meta e aprender xuntos
Crecendo xuntos
¿Tes unha idea de negocio ou un proxecto en crecemento?
En A Proa buscamos persoas coma ti, emprendedoras e aventureiras, con gañas de facer cousas doutro xeito.
Espazo colaborativo
Leva o teu proxecto ao seguinte nivel
Qué mellor xeito de acelerar o teu crecemento que traballando codo con codo con outros profesionais inquedos de varios sectores. Apuntaste a crear un ecosistema de innovación permanente?
Únete!
Quén pode formar parte deste espazo?
Apoiamos ao emprendemento local facilitando un espazo onde compartir dúbidas e medrar xuntos
Freelancers e persoas emprendedoras
Ti e o teu proxecto sodes benvidos se estades a traballar nunha nova idea de negocio non constituida legalmente
Novas empresas
Empresas e profesionais con inicio de actividade recente (iniciada nos últimos a 24 meses)
Usuarios puntuais
Se precisas o espazo para unha actividade relacionada co emprendemento ou coa túa actividade empresarial
Emprendendo
Fases do servizo
Apoiamos a iniciativas emprendedoras locais en calquer etapa
Fase Preincubación
Proxectos nos seus primeros pasos e aínda sen constituir legalmente
Fase Incubación
Proxectos botados a andar, xa constituidos legalmente pero con menos de 24 meses de vida
FAQs
Dúbidas frecuentes
Hai tres tipoloxías de usuarios do coworking:
- Personas emprendedoras, aquelas persoas que de forma individual ou en grupo, estean a traballar nunha idea/ proxecto e vaian a crear unha empresa (autónomo, coopetativa, sociedade mercantil,…). Este tipo de usuarios/as considéranse en fase de preincubación.
- Novas empresas, aquelas persoas físicas ou xurídicas que non conten cunha antigüidade superior a dous anos de exercicio empresarial, a contar desde a data de rexistro da empresa, e precisen dun apoio especial para mellorar as súas expectativas de supervivencia. Este tipo de beneficiarios considéranse en fase de incubación.
- Usuarios/as puntuais, aquelas persoas físicas ou xurídicas que, con carácter esporádico e puntual soliciten a utilización da aula de formación/eventos das instalacións para actuacións vinculadas co emprendemento ou a actividade empresarial que desenvolvan.
Dende o 23/09/2021 están publicadas as INSTRUCCIONS PROVISIONAIS DE ACCESO AO ESPAZO DE TRABALLO COWORKING A PROA DO CONCELLO DE AMES, que regulan o acceso ao mesmo.
Nas mesmas verás en detalle información sobre os requisitos a cumprir.
As persoas interesadas, deberán presentar a súa solicitude a través da Sede Electrónica do Concello de Ames.
Podes acceder ao formulario de solicitude específico para A Proa a través desta ligazón (precisarás certificado dixital ou DNIe para ter acceso).
Cada proxecto poderá ter un máximo de 3 postos de traballo asignados.
Por suposto, o espazo conta con servizos como internet de alta velocidade por cable e wifi, sala de xuntas, espazo de formación, zona de descanso, espazo multimedia. Ademáis de auga, calefacción e recollida de lixos.
Vida no Espazo
Galería de fotos
Forma parte da nosa comunidade!
"*" indicates required fields
Responsable do tratamento:
Concello de Ames
Finalidade do tratamento:
Responder aos mensaxes que nos envíes.
Lexitimación:
Consentimento do usuario.
Dereitos:
Para exercer teus dereitos de acceso, rectificación, supresión, olvido, portabilidade e limitación envía unha email a espazoaproa@concellodeames.gal
Máis información:
Visita a nosa política de privacidade.
O noso podcast: Mar de Fondo

O podcast que vai máis aló do emprendemento, ofrecendo un espazo de reflexión, estratexia e visibilidade para o tecido empresarial de Ames e a súa contorna.
Como se pode revolucionar o coidado do noso monte usando a tecnoloxía máis avanzada? É posible emprender despois dos 45 anos e pasar de autónomo a unha SL?
Neste segundo episodio de Mar de Fondo, poñémonos as botas de monte para conversar con Marcos Estévez, enxeñeiro forestal e fundador de Amonte.
Marcos transpórtanos nunha viaxe que vai desde os seus inicios na fase de preincubación no Espazo A Proa (en Ames) ata a consolidación dunha empresa clave na xestión do territorio e a prevención de incendios.
Que descubrirás neste episodio?
O ”xemelgo dixital” do monte: Como os drons e a tecnoloxía LiDAR fan unha ”ecografía” das nosas árbores para optimizar recursos e tomar mellores decisións.
Prevención real de incendios: O uso de algoritmos e simulacións avanzadas para protexer as vivendas e aldeas.
Emprender sen filtros: A realidade de dar o salto de autónomo a SL, a xestión da incerteza e a frustración, e por que a experiencia dos maiores de 45 anos é un superpoder.
O valor social do monte: Proxectos de RSE que integran os Principios do Pacto Mundial das Nacións Unidas e a colaboración con entidades como a Fundación Amicos.
Unha conversa imprescindible para comunidades, propietarios forestais, emprendedores e calquera persoa que queira ver como a tecnoloxía, o corazón e a estratexia se unen para protexer a nosa paisaxe.
🔗 Sigue a Amonte @amonte_forestservice e conecta con eles en www.amonte.gal
🔗 www.espazoaproa.gal – A web de Espazo A Proa, coworking do Concello de Ames que pertence á Rede de Espazos de Traballo da Deputación da Coruña.

Últimos artigos

O silencio da dúbida: Como baixarlle o volume á síndrome da impostora no emprendemento.
Cantas veces dixeches para ti “en calquera momento vanse dar conta de que non sei tanto como parece”? Ou canto che custou poñerlle prezo aos

Metodoloxía OKR: Da teoría ao hábito. Como aplicar os OKR na túa empresa
En 2024 xa vos contabamos a diferenza entre KPI e OKR: mentres que os KPI miden a saúde do teu negocio no día a día,

Liderado no emprendemento: o temón non se move con frases motivacionais
Cando arrancas un proxecto, é fácil caer na trampa romántica de “persoa emprendedora multifunción”. Ao principio fas de todo: facturas, xestións, marketing, respondes correos e

O perigo da “sobre-automatización”: Como destruír a experiencia do cliente sen decatarte
Cando a eficiencia de custos supera o valor da relación co cliente, entramos na zona de perigo: a perda de humanidade. O resultado? Clientes frustrados

Por que emprender?
Hai un momento, en moitas traxectorias profesionais, no que algo fai clic. Pode ser unha sensación de estancamento, a percepción de que existe un teito

Planificación Estratéxica: que significa realmente e por que é clave?
Nun contexto empresarial cada vez máis dinámico, confiar unicamente na improvisación xa non é suficiente para que unha empresa medre ou se manteña competitiva. As

