O día 23/09/2021 publicouse a aprobación das Instruccións provisionais de Acceso ao Espazo de Traballo Coworkng A Proa do Concello de Ames.
Dende esa data é posible solicitar praza neste coworking público pertencente á Rede Provincial de Espazos de Traballo da Deputación Provincial de A Coruña.
Destinatarios
Os espazo está destinado a a persoas físicas ou xurídicas cun proxecto empresarial en fase idea o recentemente constituido, sendo posible solicitar ata 3 prazas por proxecto.
Os solicitantes agrúpanse en tres tipoloxías:
- Personas emprendedoras, aquelas persoas que de forma individual ou en grupo, estean a traballar nunha idea/ proxecto e vaian a crear unha empresa (autónomo, coopetativa, sociedade mercantil,…). Este tipo de usuarios/as considéranse en fase de preincubación.
- Novas empresas, aquelas persoas físicas ou xurídicas que non conten cunha antigüidade superior a dous anos de exercicio empresarial, a contar desde a data de rexistro da empresa, e precisen dun apoio especial para mellorar as súas expectativas de supervivencia. Este tipo de beneficiarios considéranse en fase de incubación.
- Usuarios/as puntuais, aquelas persoas físicas ou xurídicas que, con carácter esporádico e puntual soliciten a utilización da aula de formación/eventos das instalacións para actuacións vinculadas co emprendemento ou a actividade empresarial que desenvolvan.
Terán prioridade de acceso os proxectos que pertenzan a sectores relacionados coa tecnoloxía e o audiovisual.
Solicitude
As persoas interesadas en dispor de praza no Espazo A Proa deberán realizar unha solicitude a través da Sede Eletrónica do Concello de Ames, sendo preciso para elo contar cun certificado dixital ou DNie.
A solicitude en liña conta cun procedemento específico de solicitude ao que se pode acceder directamente a través desta ligazón.
Para realizar con axilidade o proceso de solicitude en liña, deberá dispoñenrse a man de diversos datos e documentación para engadir á solicitude. Para coñecer previamente os datos e documentos que precisarás, consulta este documento.