O coworking ou traballo colaborativo é unha boa alternativa para que emprendedores e pequenas empresas poidan comezar a súa andaina nunha oficina física. Pero, hai espazos de traballo colaborativos en Galicia?
A resposta é firme: sí. Hai moitísimos espazos de coworking en Galicia, tanto privados coma públicos.
Rede Provincial de Espazos de Traballo
Como xa vos contamos fai unhas semanas, escoller o coworking como método de traballo é unha gran alternativa, non só por reducir custos, senon tamén para crecer de man de outros profesionáis que non poderás coñecer de outra maneira.
Por iso, a Deputación da Coruña puxo en marcha unha Rede Provincial de Espazos de Traballo, nos que emprendedores e pequenas empresas poden comezar a súa andaina no mundo empresarial completamente de balde.
Lugares de co-traballo en Galicia
Estes espazos de traballo colaborativos están espallados por toda a provincia da Coruña, e, por suposto, o Espazo A Proa forma parte de esta rede.
O Espazo A Proa aínda non está aberto ao público, pero non tardará nada en inaugurarse. Está en O Milladoiro, no Concello de Ames e está orientado a emprendedores, novas empresas e usuarios puntais que precisen un lugar de traballo e que estén orientados ao mundo audiovisual e TIC.
Ademáis, dentro desta rede de espazos de traballo colaborativos en Galicia tamén están:
Coworking Pazo de Arenaza, en Oleiros.
Emprende Lab Barbanza, en Boiro.
Daquí Darredor, en Brión.
Coworking Carballo.
Centro Comarcal de Desenvolvemento Rural A Fusquenlla, en Moeche.
Centro de emprendemento A Estación (Vedra)
Coworking A Capela, en A Capela.
Green coworking (As Pontes)
Co-traballar en Galicia é moito máis doado do que poderías pensar. Se aínda tes dúbidas, deixámosche unha das nosas publicacións anteriores nas que falamos das “10 razóns polas que elixir un coworking é unha idea xenial se emprendes no sector TIC ou audiovisual”. A que soa ben!