10 razóns polas que elixir un coworking é unha idea xenial se emprendes no sector TIC ou audiovisual.

Coworking A Proa, Ames, Galicia

Es freelance do sector audiovisual ou tecnolóxico e estás cansado de traballar en pixama? Di adeus á síndrome do pixama e a moitas outras cousas, como non ter horarios, e OLA a todas as vantaxes dun espazo colaborativo de traballo.

O sector audiovisual e tecnolóxico en Galicia está en auxe, seguro que non é nada novo para ti. Pero o que quizais non saibas é que moi cerca de Santiago, en, en Rúa das Hedras, O Milladoiro (Ames), xa existe un espazo de emprendemento chamado A PROA. Unha rúa, unha localidade e un concello con empresas punteiras no sector TIC e audiovisual. Unha gran oportunidade para estar preto delas e ademais aproveitar todas as…

Vantaxes de traballar nun coworking.

1. Colaborativo.

Compartir ALEGRÍAS, pero tamén medos, inquietudes e IDEAS. Si para calquera profesional é importante, moito máis no mundo TIC e audiovisual. Imaxina poder pedir feedback sobre os teus proxectos.

2. Compañerismo.

Saír da cova na que se converteu a túa casa, estar desexando ir a traballar para ver aos coworkers, charlar un intre á hora do café ou sentir o seu apoio no lanzamento dese proxecto no que tanta ilusión tes.

3. Confortable.

Estar a gusto no teu espazo de traballo, nin calor no verán nin frío no inverno. Contar, por fin, cunha boa iluminación, mesa, cadeira e espazo para organizar as túas cousas.

4. Creatividade.

Estimular a túa mente con diferentes persoas, proxectos e actividades. Este é o día a día nun espazo de traballo colaborativo. Mentes inquedas dispostas a inspirar, compartir e CREAR.

5. Servizos completos e aforro.

Despreocuparte de comprar unha impresora, de que a conexión de internet vaia fatal, de tirar o lixo, de estar en casa para recibir paquetes, da factura da luz e calefacción… É marabilloso saber que contas con todos os servizos sen preocuparche dos gastos: reprografía, wifi, zona de descanso, sala de xuntas , formación e multimedia.

6. Sinergias profesionais.

Contar con outros profesionais do teu sector e que eles conten contigo. Cadá vez máis os equipos créanse de forma espontánea. Un programador de app que necesita un deseñador de xogos, un produtor audiovisual que busca un guionista…

7. Networking, visibilidad e atracción.

Facer crecer a túa rede de contactos, tanto con coworkers como con profesionais que pasan polo espazo de traballo. Tamén, ser visible para empresas que buscan talento no sector no que o coworking  está especializado, por exemplo,  TIC ou audiovisual.

8. Profesionalidad e flexibilidad.

Mostrar unha imaxe profesional e separar a túa vida persoal e profesional. O teu cerebro necesita desconectar para funcionar en HD. Ademais, terás salas onde reunirche cos teus clientes ou colaboradores, realizar formacións, videoconferencias, webinars… Todo, nun amplo abanico de horarios.

9. Aprendizaxe.

Interiorizar novos conceptos de forma innovadora, con propostas como charlas, cursos, talleres, eventos ou titorías de proxectos . Seguro que ti tes algo creativo que propoñer.

10. Frescura.

Sentir novos aires, enerxías de persoas de distintas idades e profesións inspirándose, axudándose a alcanzar os seus soños para dar un happy end as súas historias

Apetece, verdade?

Invitámosche a coñecer  A PROA, o novo espazo de traballo público impulsado polo Concello de Ames para apoiar as iniciativas emprendedoras locais mentes inquedas. Atoparasnos en Rúa das Hedras, O Milladoiro, moi preto de Santiago.

Navegas connosco en 2021?

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.