Se algo nos ensinou esta pandemia é que a tecnoloxía xa non é unha opción é unha necesidade e quen non se suba ao carro, quedará na época dos dinosauros. E para que isto non ocorra vexamos as oportunidades do sector TIC galego para o 2021.
Sector atractivo para os investidores.
As 20 empresas que máis gañaron na bolsa durante a pandemia son na súa maioría tecnolóxicas. Entre elas: Apple, Microsoft, Shopify, PayPal, Facebook, Tencent, Netflix, Nvidia (tarxetas gráficas para videoxogos)…
Impacto económico en Galicia.
O sector TIC xera na CCAA de Galicia 22.000 postos de traballo e máis de 2.000 millóns, agrupando a máis de 3.000 empresas. O 86 % dos traballadores deste sector concéntranse no eixo atlántico, sendo A Coruña a provincia que acapara un maior peso (56 %).
Déficit de talento dixital en Galicia.
A principios de 2020 as empresas do sector TIC galegas tiñan 1.000 postos de traballo sen cubrir por falta de perfís profesionais tecnolóxicos. E esta necesidade vaise incrementando cada vez máis debido ao rápido avance en áreas como: ciberseguridad, comercio na rede, blockchain, realidade virtual…
Necesidade real.
Coa pandemia vimos como a poboación tivo que continuar coa súa actividade sen presenza física, a solución: formación en liña e o teletraballo. Os negocios tiveron que adaptarse ao cambio e ao non contar con persoal propio buscaron axuda tecnolóxica externa.
Cambios nos hábitos de consumo.
Disparouse o consumo en liña, tanto de comercio e formación como de subscricións a plataformas de vídeo streaming. O incremento no uso do móbil e do computador como canles de compra tradúcese en que as empresas teñen que ter un proceso de venda en liña sinxelo e áxil.
Aposta institucional pola dixitalización das empresas galegas.
As distintas administracións públicas de Galicia apoiaron con axudas e subvencións a transformación dixital de empresas de todos os tamaños e sectores (audiovisual, industria, rural, mar, hostalería, comercio, artesanía…). Organismos como a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) realizan plans de acción nas áreas das tecnoloxías da información, comunicación, innovación e desenvolvemento tecnolóxico.
Empresas galegas que apoian as TIC.
Como Tecalis, unha consultora tecnolóxica situada en Ames que combina a innovación tecnolóxica coa innovación empresarial. De feito en 2019 recibiron o Premio Europeo á Xestión e Innovación Empresarial.
Eventos sector TIC en Santiago de Compostela.
A Asociación de Empresas de Tecnoloxía de Galicia (INEO) organiza desde 2003 GaliciaTIC, o foro de referencia para o sector tecnolóxico galego. Conferencias, debates, webinars, showrooms e networking son a base deste evento que se realiza en Gaiás.
Novos espazos en Galicia para as tecnoloxías disruptivas.
En pleno centro de Galicia, en Santiago de Compostela, nacerá en 2021 GaiasTech. Un espazo tecnolóxico situado no Gaiás que ofrecerá ao ecosistema dixital galego unha ampla carteira de servizos para facilitar o seu posicionamento en tendencias tecnolóxicas. Pretende ser un escaparate do talento dixital galego e servir de canle de divulgación de proxectos innovadores e de boas prácticas de dixitalización.
En resumo, chega a Idade de ouro do sector tecnolóxico ou, se o prefires, a Década dixital de Europa: e- learning; e- commerce, apps, realidade virtual, impresión 3D, big data, intelixencia artificial, 5 G…
Queres subirche á onda do sector TIC galego? Moi preto de Santiago, en Ames, tes unha nave preparada para ti, A Proa, un novo espazo de traballo colaborativo. Inscríbete desde o formulario da nosa web.