Espazo A Proa
Un espazo de traballo común para empresas e profesionais en crecemento
Coworking Ames
Espazo de traballo público
para mentes inquedas
Apoiamos iniciativas emprendedoras locais
Impulsar
Impulsamos novos proxectos
Apoiar
Apoiamos nos seus primeiros pasos
Cooperar
Cooperamos para chegar antes a meta e aprender xuntos
Crecendo xuntos
¿Tes unha idea de negocio ou un proxecto en crecemento?
En A Proa buscamos persoas coma ti, emprendedoras e aventureiras, con gañas de facer cousas doutro xeito.
Espazo colaborativo
Leva o teu proxecto ao seguinte nivel
Qué mellor xeito de acelerar o teu crecemento que traballando codo con codo con outros profesionais inquedos de varios sectores. Apuntaste a crear un ecosistema de innovación permanente?
Únete!
Quén pode formar parte deste espazo?
Apoiamos ao emprendemento local facilitando un espazo onde compartir dúbidas e medrar xuntos
Freelancers e persoas emprendedoras
Ti e o teu proxecto sodes benvidos se estades a traballar nunha nova idea de negocio non constituida legalmente
Novas empresas
Empresas e profesionais con inicio de actividade recente (iniciada nos últimos a 24 meses)
Usuarios puntuais
Se precisas o espazo para unha actividade relacionada co emprendemento ou coa túa actividade empresarial
Emprendendo
Fases do servizo
Apoiamos a iniciativas emprendedoras locais en calquer etapa
Fase Preincubación
Proxectos nos seus primeros pasos e aínda sen constituir legalmente
Fase Incubación
Proxectos botados a andar, xa constituidos legalmente pero con menos de 24 meses de vida
FAQs
Dúbidas frecuentes
Hai tres tipoloxías de usuarios do coworking:
- Personas emprendedoras, aquelas persoas que de forma individual ou en grupo, estean a traballar nunha idea/ proxecto e vaian a crear unha empresa (autónomo, coopetativa, sociedade mercantil,…). Este tipo de usuarios/as considéranse en fase de preincubación.
- Novas empresas, aquelas persoas físicas ou xurídicas que non conten cunha antigüidade superior a dous anos de exercicio empresarial, a contar desde a data de rexistro da empresa, e precisen dun apoio especial para mellorar as súas expectativas de supervivencia. Este tipo de beneficiarios considéranse en fase de incubación.
- Usuarios/as puntuais, aquelas persoas físicas ou xurídicas que, con carácter esporádico e puntual soliciten a utilización da aula de formación/eventos das instalacións para actuacións vinculadas co emprendemento ou a actividade empresarial que desenvolvan.
Dende o 23/09/2021 están publicadas as INSTRUCCIONS PROVISIONAIS DE ACCESO AO ESPAZO DE TRABALLO COWORKING A PROA DO CONCELLO DE AMES, que regulan o acceso ao mesmo.
Nas mesmas verás en detalle información sobre os requisitos a cumprir.
As persoas interesadas, deberán presentar a súa solicitude a través da Sede Electrónica do Concello de Ames.
Podes acceder ao formulario de solicitude específico para A Proa a través desta ligazón (precisarás certificado dixital ou DNIe para ter acceso).
Cada proxecto poderá ter un máximo de 3 postos de traballo asignados.
Por suposto, o espazo conta con servizos como internet de alta velocidade por cable e wifi, sala de xuntas, espazo de formación, zona de descanso, espazo multimedia. Ademáis de auga, calefacción e recollida de lixos.
Forma parte da nosa comunidade!
"*" indicates required fields
Responsable do tratamento:
Concello de Ames
Finalidade do tratamento:
Responder aos mensaxes que nos envíes.
Lexitimación:
Consentimento do usuario.
Dereitos:
Para exercer teus dereitos de acceso, rectificación, supresión, olvido, portabilidade e limitación envía unha email a espazoaproa@concellodeames.gal
Máis información:
Visita a nosa política de privacidade.
Últimos artigos
Podcasting e marca persoal
O podcasting é unha canle de comunicación da que pode ser o gran aliado emprendedores, emprendedores, empresas e marcas persoais. Podes usalo como outra ferramenta
Necesidades atopadas? A maternidade e a paternidade. Etapa de dar.
Esta semana no Espazo A Proa temos taller para nais e pais, persoas adultas que estean en contacto coa infancia e queiran profundar en que
WordPress en acción
Taller 100% práctico para emprendedores, onde aprenderás a configurar unha WEB básica. Sorteamos unha web e gañou unha das coworkers: Gilgleide Kika. A gañadora do
I Encontro dixital 2022
Por aquí vos deixamos as fotos do último evento no Espazo A Proa 👉🏼 un MEETUP de emprendedores e emprendedoras do sector dixital. Gracias en
Xestión do estrés no emprendemento
Responsabilidade, obxectivos, imprevistos, frustración, dificultades, adversidades e moita moita presión forman parte habitual do proceso de emprendemento 🫠 Cómo xestionar todo isto a nivel emocional
Charla no instituto IES de Cacheiras: aprendendo sobre coworkings
Dende o equipo de Xestión do Espazo A Proa visitamos o IES de Cacheiras para trasladar a máis de 30 alumnos a importancia de centros