Inflúe o espazo de traballo e a súa localización no teu éxito profesional?

espazo traballo colaborativo A Proa

Se es un profesional autónomo seguro que nalgún momento pensaches na diferenza entre traballar desde casa, desde a túa propia oficina ou desde un coworking. Hoxe contámosche como a elección do espazo de traballo e a súa localización teñen especial relevancia no teu desenvolvemento profesional.

Caso de éxito de creación de espazo de traballo.

En 2009 LinkedIn tiña un problema, necesitaba crecer e para iso necesitaban atraer talento, pero os mellores enxeñeiros e profesionais TIC íanse coa competencia. Un dos motivos é que, en Silicon  Valley, LinkedIn está rodeada dos edificios de Google, Facebook e Twitter, que pagaban ata 5 veces máis. Como resolveron ese problema?

Convertendo LinkedIn no mellor espazo no que traballasen na súa vida, e o primeiro paso foi crealo. E así foi como incrementaron máis de 4.500 empregados en tres anos.

“O noso enfoque ten que ser construír a relación. A maxia dentro dunha empresa dáse no contacto humano” dicía  Steve  Cadigan, ex xerente de talento da rede social.

Por que o espazo de traballo e con quen o compartes é importante?

Quizá esteas a pensar, que ten que ver ese caso de éxito comigo? Todo, se es un freelance que quere prosperar.

Recapacita na parte do contacto humano e a maxia. Agora, imaxínache na túa casa ou nunha oficina, sentes a soidade? E agora imaxínache nun espazo de traballo colaborativo como A Proa. Rodeado doutros profesionais do sector tecnolóxico ou audiovisual galego cos que comentar novas ideas, debater problemáticas ou compartir os teus éxitos.  Ou mesmo que poidan complementar os teus servizos ou apoiarche en proxectos máis ambiciosos. Interesante, verdade?

Aproveita a oportunidade de traballar nun espazo de traballo preto de organismos e empresas TIC e audiovisual galego

Ter de veciños a empresas ou organismos do teu sector, non che virá nada mal…

Empresas do sector TIC en Santiago ou arredores.

Bahia Software, Ozono Multimedia,  Xebook, Código Cero,  Balidea,  Plexus, Noroeste Tecnoloxía,  It Global  Sl…

Empresas do sector AUDIOVISUAL en Santiago ou arredores.

CTV, FILMAX, Frida Films, Producións Audiovisuais Setemedia, Ficción Producións,  ABA FILMS,  Tamboura,  Zenit Televisión…

Organismos do sector TIC e AUDIOVISUAL en Santiago ou arredores.

Agrupación industrial TIC Galicia, CESGA (Centro de Supercomputación de Galicia), Agrupación industrial Audiovisual  Galego, AMTEGA ( Axencia para a Modernización  Tecnolóxica de Galicia), CRTVG (Radio e Televisión de Galicia), AGAG (Asociación sindical  Galega de Guionistas)…

Para rematar, lembrarche que A Proa é un novo espazo de coworking, situado no parque empresarial Novo Milladoiro. Está centrado na área das novas tecnoloxías e audiovisual e enmárcase dentro da Rede Provincial de Espazos de Traballo Colaborativo.

Convidámosche a subir ao barco!

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.