Santiago de Compostela, bo inicio do teu camiño emprendedor no audiovisual e TIC?

santiago emprender tic e audiovisual

Falar de innovación na actualidade é falar das tecnoloxías da información e comunicación (TIC) e do sector audiovisual. A era dixital e globalizada é unha realidade apoiada no sector TIC, e o sector audiovisual vén completar todo este proceso de innovación. Empregar o vídeo como ferramenta de apoio visual para obxectivos didácticos e laborais volveuse algo común. As TIC e o medio audiovisual van da man e conforman o tándem perfecto baixo o cal se desenvolve o día a día dunha gran maioría da poboación. Nin empresas nin persoas funcionamos sen correo electrónico, acceso a Google e redes sociais. Facilitan e están presentes en todos os sectores sociais (educación, lecer, comunicación) e empresariais. Chegaron para quedar e a súa achega no mundo é un feito máis que demostrado. Conforman a nosa forma de relacionarnos.

Galicia é innovación e Santiago un bo escenario de crecemento.

No 2020 Galicia ocupou o quinto posto en canto ao número de empresas do sector TIC en España. O 86% dos profesionais deste ámbito concéntrase na provincia da Coruña.

O IGAPE recoñece os beneficios que ten o sector para a comunidade autónoma no seu informe Sector das Tecnoloxías da información e comunicación: Galicia posiciónase como destino prioritario para o desenvolvemento de negocios pertencentes ao sector TIC, onde o investimento esperado no sector ascende a 258 M€ anuais ata 2020, o cal supón en torno ao 11% do volume anual de negocios do sector.

O marco histórico, arquitectónico e cultural que envolve Santiago de Compostela é o escenario perfecto para rodaxes de películas, documentais, producións publicitarias e outros traballos audiovisuais nacionais e internacionais. Directores da talla de Luís Buñuel, Michael Powell, Stanley Kramer ou Vicente Aranda, elixiron as súas paisaxes como contorna para as súas obras.

Á excelente localización súmase a identificación da marca Galicia co camiño de Santiago. A mellora nas políticas de apoio por tratarse dun sector que axuda a posicionar a marca, así como a emerxente cantidade de empresas, impulsaron o crecemento da súa infraestrutura na cidade. Establecéronse e creáronse produtoras e empresas de servizos audiovisual. Tamén se formaron asociacións de produtores como AGAPI (Asociación Galega de Produtoras Independentes). En Santiago de Compostela alóxase o Clúster Tip Galicia, conformado por máis de 104 entidades, colexios e asociacións empresariais e profesionais. O Clúster audiovisual galego, pioneiro a nivel nacional na agrupación de empresas e integrado por preto de 39 compañías. E por suposto, a CRTVG.

Espazos de emprendemento para TIC e audiovisual.

Esta é a motivación coa que nace o espazo de emprendemento e coworking A PROA, situado en Novo Milladoiro e impulsado polo concello de Ames. Tratándose de sectores emerxentes e sendo Santiago un nicho con gran movemento nos mesmos, o emprazamento é ideal para fomentar un espazo de colaboración entre profesionais dos sectores TIC e audiovisual.

As novas necesidades debuxadas polo COVID-19, catapultan a estes sectores como protagonistas indiscutibles da tempada. Xa non son só un medio para o lecer. Son o elemento crave a través do cal manter a economía, facendo posible o teletraballo e a venda online; así como a ferramenta para continuar co ritmo laboral ordinario a través de reunións e foros virtuais.

Sendo os sectores que sosteñen o desenvolvemento do noso día a día, apoiar o seu crecemento e asegurar o investimento no audiovisual xa é case unha obrigación.

Emprender en TIC e audiovisual nunha contorna en crecemento como Santiago de Compostela e os seus arredores, é garantía de éxito.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.