O Coworking A Proa viviu a súa inauguración o pasado mes de novembro tras cinco anos de xestación.
Con este feito tan emocionante, produciuse a conclusión do primeiro proceso de selección dos coworkers que poderán facer uso das instalacións xa neste mes de decembro. Os coworkers que formarán parte do espazo A Proa presentan iniciativas emprendedoras ligadas especialmente ao sector do audiovisual e as tecnoloxías da información e comunicación.
O proxecto promovido polo Concello de Ames e a Deputación Provincial da Coruña e que forma parte da Rede Provincial de Coworkings, ilumina a Rúa das Hedras cos seus grandes ventanáis, que deixan ver o exquisito deseño minimalista do espazo dende as rúas do Novo Milladoiro.
Os emprendedores seleccionados verán os seus negocios crecer durante os vindeiros meses, podendo desfrutar das dependencias do coworking as 24 horas do día.
O espazo co que contarán para as súas actividades coida cada detalle, presentando zonas bautizadas con nomes ligados ao mundo marítimo, un paralelísmo moi claro entre as dificultades dos navegantes para chegar ao seu destino e as problemáticas dos emprendedores á hora de levar a cabo os seus proxectos.
Ven a visitar o espazo A Proa
Se eres unha persoa emprendedora ou unha nova empresa en fase de incubación podes solicitar a túa praza no coworking mediante a solicitude desta ligazón.
Se eres una persoa física ou xurídica que quere desfrutar do espazo de forma puntual para levar a cabo iniciativas emprendedoras ou relacionadas coa túa actividade empresarial, podes solicitar a utilización da aula de eventos e formacións mediante a solicitude desta ligazón.
Non dubides en visitar as instalacións de Espazo A Proa en Rúa das Hedras 2, Milladoiro, para ver todo o que che podemos aportar e coñecer mellor o teu posible espazo de traballo.
Se tes calquera dúbida á hora de presentar a documentación esixida, contacta connosco mediante o correo espazoaproa@concellodeames.gal ou visita o propio Espazo A Proa de Luns a Venres no horario de administración de 10:00 a 18:00 para poder orientarte.
Preferencias polo sector audiovisual e tecnolóxico
Terán prioridade de acceso os proxectos que pertenzan a sectores relacionados coa tecnoloxía e o audiovisual. Isto non é capricho, senón visión de futuro e crecemento. Podes coñecer máis sobre o crecemento do sector e a súa importancia neste post do noso blogue.
Solicitude de praza no Espazo A Proa
As persoas interesadas en dispor de praza no Espazo A Proa deberán realizar unha solicitude a través da Sede Eletrónica do Concello de Ames, sendo preciso para elo contar cun certificado dixital ou DNie.
A solicitude en liña conta cun procedemento específico de solicitude ao que se pode acceder directamente a través desta ligazón.
Para realizar con axilidade o proceso de solicitude en liña, deberás dispor de certos datos e documentación para engadir á solicitude. Para coñecer previamente os datos e documentos que precisarás, consulta este documento.