Por qué o coworking Espazo A Proa é unha boa lanzadeira para o teu proxecto?

pexels-thirdman-7180492

Eres…Freelancer ou persoa emprendedora?

Ti e o teu proxecto sodes benvidos se estades a traballar nunha nova idea de negocio non constituida legalmente.

Xa te convertiches en nova empresa?

Como empresas e profesionais con inicio de actividade recente ti e o teu equipo sodes benvidos (iniciada nos últimos a 24 meses).

Ou quizáis…eres un usuario puntual?

Se precisas o espazo para unha actividade relacionada co emprendemento ou coa túa actividade empresarial, o Espazo A Proa é o lugar adecuado. 

Espazo A Proa, unha boa opción para utilizar de lanzadeira do teu proxecto

O Espazo A Proa reduce os teus gastos, a nivel de tempo e monetario, xa que non tes que perder o tempo nin o diñeiro en implementar unha oficina nova. Con todo o papeleo que conleva, e xa non falemos dos quebradeiros se tes que realizar obras. 

O coworking conta cun espazo moderno e axeitado ao nivel tecnolóxico actual. Sitúase nunha zona empresarial que pode presumir de contar con grandes e coñecidas empresas da contorna. 

O Espazo A Proa é un aliado á hora de atopar información, facer networking e ampliar os coñecementos empresariais, xa que non só vas a contar coa presenza doutros coworkers, senon que poderás asistir a numerosos eventos.

Todo isto vaiche axudar a xestar a túa idea e a convertila nunha marca de presenza no mercado, podendo descubrir potenciales socios ou clientes. 

Ademáis de todo isto, qué fai que o Espazo A Proa sexa ideal para min?

En Espazo A Proa contamos con espazos modernos, cómodos e  luminosos, con calefacción e internet de alta velocidade por cable e wifi

Ofrecemos escritorios adicados para cada usuario ou equipos, e para servizos puntuais oficinas, sala de xuntas e espazo de formación.

Tamén contamos con zona de descanso para poder ter charlas informáis, comer ou tomar un café, e espazo multimedia. Ademáis de auga, calefacción e recollida de lixos.

A qué esperas?

Faite un regalo de Nadal e cambia a túa vida para sempre comezando a crear o teu proxecto connosco: únete ao coworking Espazo A Proa

Qué usuario son eu en A Proa?

Hai tres tipoloxías de usuarios do coworking:

Persoas emprendedoras,

Aquelas persoas que de forma individual ou en grupo, estean a traballar nunha idea/ proxecto e vaian a crear unha empresa (autónomo, coopetativa, sociedade mercantil,…). 

Este tipo de usuarios/as considéranse en fase de preincubación.

Novas empresas,

Persoas físicas ou xurídicas que non conten cunha antigüidade superior a dous anos de exercicio empresarial, a contar desde a data de rexistro da empresa, e precisen dun apoio especial para mellorar as súas expectativas de supervivencia.

Este tipo de beneficiarios considéranse en fase de incubación.

Usuarios/as puntuais,

As persoas físicas ou xurídicas que, con carácter esporádico e puntual soliciten a utilización da aula de formación/eventos das instalacións para actuacións vinculadas co emprendemento ou a actividade empresarial que desenvolvan.

O Espazo A Proa e o COVID-19

Moitos usuarios pregúntanse se debido á pandemia actual traballar nun coworking segue sendo seguro ou non. Como xa sabemos este problema tivo serias repercusións en todo o mundo e foi o principio de moitos cambios á hora de traballar nestes espazos acondicionados durante esta crise a cal está obligandolos a transformarse e adaptarse máis aínda aos seus usuarios e á demanda.

Os protocolos de limpeza e desinfección son fundamentais para poder facer disto unha realidade e a estes van moi ligadas as medidas sanitarias de acceso ás instalacións. Contamos con xel hidroalcohólico desinfectante na entrada do espazo.

As tres salas-despacho contan cun aforo de 8 persoas cada unha. A sala de talleres ou conferencias conta con posibilidade de uso de 30 persoas. Actualmente conta con 10 sillas en funcionamento, con posibilidade de ampliación. Todo isto permite facer posible as chamadas remotas, reunións virtuais e eventos. 

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *