Taller: Enrólate na Proa
Estás a teletraballar ou emprendendo? Non o fagas só e atopa a outros profesionais coma ti.
Convidámoste a vir ao coworking Espazo A Proa os días 4 e 5 de xaneiro ao taller de solicitudes para o espazo. Neste taller gratuito axudámosche a enviar a túa solicitude para o teu posto no coworking e resolvemos as dúbidas que poidas ter.
Reserva de praza
Reserva praza no taller de asistencia a solicitudes para o Espazo A Proa e ven a vernos o día 4 ou 5 de xaneiro. Reservas no 690368564 por whatsapp, chamada telefónica ou no mail: espazoaproa@concellodeames.gal
Open Proa: evento open coworking
Convidámosche a probar GRATIS o COWORKING ESPAZO A PROA.
Se aínda non tiveches a posibilidade de coñecernos, ou es alguén que utiliza bares ou bibliotecas para traballar fóra de casa (o teletraballo en casa ten os seus límites ), e nunca tiveches a oportunidade de probar o coworking Espazo A Proa en Milladoiro, invitámoste a visitarnos e traballar connosco unha mañá … GRATIS!
O noso Open Coworking en Milladoiro é un día de portas abertas (podes vir á hora que queiras e o tempo que queiras durante toda a mañá) para calquera proxecto emprendedor que precise dun espazo para desenvolverse.
Reserva de data
Ven só ou trae un amigo, cantos máis emprendedores, mellor. (espazo limitado a un número determinado de persoas por data).
Poderás compartir o teu proxecto xunto a outros profesionais que están a axudar a cambiar o mundo. Reserva xa o teu día no whatsapp ou por chamada telefónica ao 690368564 e ven a vernos!! (evento só dispoñible durante días e horas limitadas según datas e aforo)