Queres crear unha empresa? Descubre as diferentes fórmulas legais e por que unha cooperativa pode ser o teu camiño.

Banner Blog_Cooperativa

Cando temos unha idea ou un proxecto que queremos levar á realidade, xorde a gran pregunta: como lle damos forma legal? A día de hoxe existen diferentes fórmulas para constituír unha empresa en Galicia, e cada unha ofrece vantaxes e retos segundo os obxectivos, valores e tamaño do proxecto.

Nesta entada facemos un repaso polas principais formas xurídicas para emprender e poñemos o foco nunha alternativa cada vez máis presente na nosa contorna: as cooperativas.

As principais formas legais para crear unha empresa

1. Persoa autónoma (empresaria individual)
A forma máis sinxela de comezar. Só se precisa o alta no réxime de autónomos e na Axencia Tributaria. É ideal para proxectos unipersoais e con pouco risco inicial. A responsabilidade é ilimitada.

2. Sociedade Limitada (SL)
Unha das formas máis populares para pequenas empresas. Require un capital social mínimo de 3.000 € e permite separar o patrimonio persoal do da empresa. A responsabilidade é limitada ao capital aportado.

3. Sociedade Limitada Unipersoal (SLU)
Semellante á SL, pero con unha soa persoa socia.  Require tamén un capital aportado de 3.000 €. Útil para profesionais que queiran maior protección xurídica porque a responsabilidade está limitada ao capital aportado, ou proxectos individuais con proxección.

4. Sociedade Anónima (SA)
Pensada para grandes proxectos ou empresas con moitos investidores. Require un capital mínimo de 60.000 €.

5. Cooperativa
Un modelo democrático, participativo e sostible, no que varias persoas se unen para traballar conxuntamente, compartindo riscos, beneficios e gobernanza. Cada persoa ten voz e voto igualitario, independentemente do capital aportado. Hai cooperativas de traballo, de consumo, de ensino, de servizos… É un modelo perfecto para o autoemprego colectivo.

Por que escoller unha cooperativa?

Porque non todas as empresas teñen que ser tradicionais. Se o que buscas é crear algo con máis sentido, valores compartidos e unha estrutura máis humana, o cooperativismo ofrece unha alternativa sólida e viable.

✔️ É unha fórmula legal recoñecida e con incentivos específicos.
✔️ Permite organizar equipos de traballo baseados na igualdade e corresponsabilidade.
✔️ É máis resiliente en tempos de crise.
✔️ Ten apoio institucional, como o que ofrece EspazoCoop, a Unión de Cooperativas Galegas.

E ti, tes interese en formar unha cooperativa pero non sabes por onde comezar?

Non podes faltar á próxima charla de formación e sensibilización que acolleremos en Espazo A Proa: o venres 11 de xullo ás 10:00h. 

🎙 Facilita: Rosa Álvarez, Técnica de EspazoCoop, acompañada dunha socia dunha cooperativa da contorna.

👉 Actividade aberta ao público (non tes que ser coworker)

Que vas atopar nesta sesión?

  • Unha exposición divulgativa sobre o cooperativismo e como emprender en colectivo.
  • Unha experiencia real en primeira persoa dunha cooperativa en funcionamento.
  • Un espazo para resolver dúbidas, inspirarte e conectar con outras persoas con intereses comúns.

🔗 Reserva a túa praza aquí:
👉 espazoaproa.spaces.nexudus.com/events/1415550315/emprendemento-cooperativo

Se estás pensando en emprender, dá o primeiro paso connosco!

En Espazo A Proa, máis que un coworking, é o lugar onde os proxectos toman forma, evolucionan e se conectan. Esta charla é unha oportunidade para coñecer un modelo empresarial que aposta polas persoas, polo territorio e polo ben común.

E ti, coñeces a fórmula? 😉

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Resumen de privacidade

Este sitio web emprega cookies para que lle poidamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecerlle cando regresa ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web lle resultan máis interesantes e útiles.