Escoita Activa: unha ferramenta clave para evolucionar no teu emprendemento.

Banner Escoita activa (1)

Nun entorno emprendedor en constante cambio, a capacidade de adaptación é fundamental. Con todo, moitas persoas emprendedoras manteñen as súas ideas iniciais sen cuestionar se seguen sendo relevantes. Entendémolo: é difícil cambiar de rumbo cando puxemos tanta enerxía nunha visión. Pero hai algo que pode marcar a diferenza entre sobrevivir e avanzar: escoitar ao cliente.

Que é a escoita activa?

A escoita activa é a habilidade de poñer toda a atención no que a outra persoa está dicindo, sen  interrupcións nin xuízos previos. Implica comprender non só as palabras, senón tamén as intencións, emocións e necesidades que hai detrás do que se expresa. Escoitar activamente é, sobre todo, unha actitude de apertura e aprendizaxe.

No emprendemento, a escoita activa é unha ferramenta estratéxica porque nos permite manter o proxecto aliñado coa realidade do mercado e coas persoas que usan (ou poden usar) os nosos produtos ou servizos.

Por que escoitar importa?

A escoita activa non é só recoller opinións, senón entender como se vive e percibe o noso produto ou servizo desde fóra. Escoitar permítenos:

  • Corrixir erros que non vemos desde dentro.

  • Detectar oportunidades de mellora realistas.

  • Evitar investimentos innecesarios en funcións que non interesan.

  • Construír relacións de confianza e lealdade coa clientela.

Como facelo de forma práctica?

  • Abre canles reais de diálogo: Non só formularios, senón conversas directas (entrevistas curtas, chamadas, cafés co feedback…).

  • Analiza patróns: Se algo se repite, é unha pista importante.

  • Escoita sen defensas: O feedback non é un ataque, é unha oportunidade de axuste.

  • Integra a escoita nas túas decisións: Non agardes a que algo falle para reaccionar.

Ferramentas e recursos útiles para comezar a escoitar mellor.

Aquí van algúns recursos sinxelos para incorporar a escoita ao teu día a día emprendedor:

  • Hotjar (versión free): Permite ver como interactúan os usuarios coa túa web e recoller feedback directo.
  • Typeform ou Google Forms: Para enquisas rápidas, con preguntas abertas e valorativas.
  • Calendly + Zoom: Crea unha rutina mensual de entrevistas curtas con clientes. 15 minutos poden dar moito.
  • Plantilla de entrevista de feedback (descargable)

E lembra…

Cambiar non é fallar. É evolucionar con intelixencia.
Escoitar ao cliente é unha das decisións máis estratéxicas que podes tomar como persoa emprendedora.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Resumen de privacidade

Este sitio web emprega cookies para que lle poidamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecerlle cando regresa ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web lle resultan máis interesantes e útiles.