Como preparar un pitch e gañar confianza no proceso.

Banner Pitch

Preparar un pitch é un dos retos máis comúns —e tamén máis importantes— para calquera persoa emprendedora. Sexa para presentar o teu proxecto nunha reunión, nun evento de networking ou nunha aceleradora, saber contar o que fas con claridade, confianza e impacto é clave para abrir portas.

Que é exactamente un pitch?

Un pitch é unha presentación breve (ás veces de só 1 ou 2 minutos) onde explicas quen es, que fas, a quen te dirixes e por que o teu proxecto é relevante. É o teu momento para captar interese e deixar pegada. Por iso, cómpre preparalo con coidado e autenticidade.

5 claves para preparar un pitch que funcione:

1. Vai ao esencial:
Nun pitch non hai tempo para contar todo. Escolle ben que queres destacar e céntrate nos puntos fortes: o problema que resolves, o valor que achegas e a túa proposta diferenciadora.

2. Coida o ton e o ritmo:
Tan importante como o que dis é como o dis. Un ton claro, natural e entusiasta xera conexión. Practica en voz alta para axustar o ritmo e evitar sons de recheo (“eh”, “mmm”, etc.).

3. Adáptao ao contexto:
Non é o mesmo presentar diante dunha persoa investidora que nun encontro con outras emprendedoras. Axusta a mensaxe e a linguaxe segundo o público.

4. Remata cunha chamada á acción:
Queres que che contacten? Que che pregunten máis? Que visiten a túa web? Déixao claro no peche.

5. Practica, si… pero sen perder naturalidade:
A improvisación total adoita xogar en contra, pero memorizar coma un robot tamén. A clave está en ensaiar o suficiente como para sentirte segura, pero deixar marxe para que o discurso soe fresco e propio.

Preparando o pitch en A Proa…

Esta semana, no noso espazo de coworking, estamos a acompañar a unha das nosas coworkers nun proceso de mentoría para preparar o seu pitch de cara a futuras reunións e oportunidades de networking.

Durante estas sesións, traballamos aspectos como:

  • A estrutura do discurso

  • O ton de voz e a expresividade

  • A selección de palabras que mellor representan o seu proxecto

  • E sobre todo… como manter a esencia persoal e a conexión coa audiencia

En Espazo A Proa cremos no valor de preparar xuntas o que queremos contar. Porque compartir, practicar e recibir feedback nun entorno seguro e colaborativo fainos comunicar mellor e con máis confianza.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Resumen de privacidade

Este sitio web emprega cookies para que lle poidamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecerlle cando regresa ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web lle resultan máis interesantes e útiles.