Guía para emprender en Ames: recursos e servizos locais dispoñibles.

Banner Emprender Ames

O Concello de Ames está a consolidarse como un referente en apoio ao emprendemento na provincia da Coruña. A través de infraestruturas modernas, programas de acompañamento e iniciativas de innovación, créase un ecosistema que facilita o nacemento e crecemento de proxectos empresariais.

A continuación, recollemos os principais recursos que están dispoñibles para quen queira emprender no municipio:

1. Espazo colaborativo A Proa

En novembro de 2021 inaugurouse o noso espazo, un coworking situado na entrada do parque empresarial Novo Milladoiro. O seu obxectivo é apoiar iniciativas emprendedoras, proxectos empresariais e autoemprego, fomentando a  colaboración.

Este espazo está especialmente dirixido a proxectos nos sectores audiovisual e tecnolóxico, aínda que é accesible para calquera persoa ou entidade cun proxecto viable.

Conta con 36 postos de traballo, salas de xuntas e aulas de formación e zonas de recepción e lecer.

O procedemento é transparente e telemático:

  • As solicitudes preséntanse a través da sede electrónica do Concello.

  • Débese achegar un modelo de negocio e un estudo económico.

  • A avaliación require un mínimo de 50 puntos sobre 100 para ser admitido.

2. InnovAmes: xornada de innovación.

En febreiro de 2025 presentouse no coworking A Proa a IV edición de InnovAmes, que se celebrou o venres 7 de marzo de 2025 no pavillón polideportivo do Milladoiro. Esta xornada tivo como obxectivo principal achegar á cidadanía as últimas tendencias en innovación promovidas por empresas do municipio, creando un espazo de intercambio de coñecemento e colaboración. A edición incluiu conferencias, obradoiros, expositores e a tradicional entrega dos Premios InnovAmes para empresas innovadoras e proxectos educativos.

A IV edición de InnovAmes contou coa participación destacada de numerosas empresas locais presentes nos stands, así como presenza activa da comunidade educativa e universitaria, promovendo así un entorno de diálogo e innovación entre distintos axentes do ecosistema amesán.

3. Oficina de Transformación Comunitaria (OTC Ames)

O Concello puxo en marcha esta oficina para impulsar comunidades enerxéticas locais, converténdose así nun dos cinco concellos galegos con apoio específico para desenvolver este modelo de autoconsumo sostible..

Funciona como punto de información e asesoramento os venres de 10:00h a 13:00h nas instalacións do Espazo A Proa. 

En 2023 tamén organizouse un foro público sobre comunidades enerxéticas, coa participación de iniciativas pioneiras como Moaña Solar ou Arousa en Transición.

4. Formación dixital a través de CeMIT

O Concello de Ames participa na rede CeMIT, orientada á inclusión e capacitación dixital. 

Recentemente renováronse os equipamentos con:

Ordenadores All-in-One, tablets, impresoras 3D, kits de robótica e drons, e gafas de realidade virtual. Recursos clave para persoas emprendedoras e pemes que queiran mellorar as súas competencias en tecnoloxías emerxentes.

5. Programa Provincia Emprendedora

Ames tamén forma parte de Provincia Emprendedora, iniciativa da Deputación da Coruña en colaboración coa Cámara de Comercio de Santiago

Ofrécese asesoramento gratuíto, acompañamento personalizado e apoio na procura de financiamento.

Con  todas estas iniciativas como o coworking A Proa, a celebración de eventos de innovación, a posta en marcha da OTC Ames, o impulso da formación dixital con CeMIT e a participación no programa Provincia Emprendedora, o Concello de Ames constrúe un ecosistema activo, sostible e conectado para o emprendemento.

Ames é hoxe un lugar onde as boas ideas poden transformarse en proxectos viables, con recursos públicos, acompañamento técnico e unha comunidade que aposta pola innovación.

Se queres saber máis, agardámoste no noso espazo!

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Resumen de privacidade

Este sitio web emprega cookies para que lle poidamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecerlle cando regresa ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web lle resultan máis interesantes e útiles.