Onte no Espazo A Proa tivemos unha formación sobre VeriFactu, impartida por Lucía de PlaceIn, que serviu para resolver dúbidas e deixar claro algo fundamental: as persoas autónomas temos que anticiparnos.
Que é VeriFactu?
VeriFactu é o novo sistema de facturación electrónica da Agencia Tributaria (AEAT) de España, deseñado para mellorar o control fiscal, evitar fraudes e garantir que todas as facturas sexan íntegramente trazables, non modificables despois de emitidas, e que cumpran requisitos técnicos precisos.
Un dos elementos centrais é o envío en “tempo real” dos rexistros de facturación a Hacienda: é dicir, cada factura ou documento equivalente deberá quedar inscrito cun rexistro que cumpla criterios de integridade, autenticidade e trazabilidade.
Cales son as obrigas e prazos?
1 de xaneiro de 2026: obrigatoriedade para persoas xurídicas, é dicir empresas, sociedades mercantís, etc. (non autónomos individuales).
1 de xullo de 2026: obrigatoriedade para persoas autónomas e comunidades de bens.
Ata esas datas, as empresas e autónomas teñen o tempo para adaptar os seus sistemas de facturación, asegurarse de que o software que empregan cumpre os estándares requiridos, familiarizarse coas novas obrigas, etc.
A quen afecta e quen pode quedar exento?
A regra afectará case todos os individuos e entidades que emitan facturas en España, especialmente se facturan a outras empresas ou profesionais.
Poderán quedar exentos alguns supostos, por exemplo onde non hai obrigación de emitir factura, ou certas operacións con particulares ou pequenas transaccións, dependendo da normativa específica que aplique. Tamén se está a considerar a situación dos territorios forais, que teñen certas competencias fiscais propias.
Consecuencias de non adaptarse
Sancións económicas. A normativa de fraude contempla sancións que poden ser importantes se non se cumpren os requisitos técnicos ou se se utilizan sistemas non homologados.
Facturas que non cumpran os criterios poden deixarse de considerar válidas para efectos fiscais — por exemplo, no recoñecemento do IVE ou nas deducións.
Problemas operativos se non se está preparado: cambios de software de última hora, erros, dificultades con clientes ou proveedores, ou coa asesoría fiscal.
Conclusión: non agardes a última hora, revisa xa o teu software de facturación e consulta coa túa asesoría.