No mundo do emprendemento, o liderado non é só unha cuestión de autoridade ou toma de decisións. É, sobre todo, unha capacidade para escoitar, analizar, crear e actuar con sentido. E se hai unha ferramenta que nos axuda a facer todo isto de forma estruturada e creativa, esa é a dos 6 sombreiros para pensar de Edward De Bono.
En Espazo A Proa traballamos a diario con persoas que lideran empresariais e sabemos que, para liderar con eficacia, precisamos activar diferentes formas de pensar, non só as que nos resultan cómodas. Por iso, hoxe queremos explorar como aplicar os 6 sombreiros no liderado emprendedor.
Liderar co pensamento dos 6 sombreiros
⚪ Sombreiro branco – Obxectividade e datos
Como líder, necesitas coñecer os feitos: cifras de vendas, datos do mercado, análises de clientes… Este sombreiro axúdache a tomar decisións baseadas na información dispoñible, sen xuízos. Exemplo: “Cal é a taxa real de retención de clientes no último trimestre?”
🔴 Sombreiro vermello – Emocións e intuición
O liderado tamén require escoitar a túa intuición e recoñecer as emocións do equipo. Este sombreiro permíteche conectar co que sentes, e tamén validar como pode afectar iso ás decisións. Exemplo: “Esta proposta faime sentir inseguridade… por que?”
Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit. Ut elit tellus, luctus nec ullamcorper mattis, pulvinar dapibus leo.
⚫ Sombreiro negro – Cautela e riscos
Pór o sombreiro negro axuda a detectar problemas antes de que aparezan. Non se trata de ser pesimista, senón de avaliar os riscos con realismo. Exemplo: “Que pode saír mal se apostamos por este novo servizo?”
🟡 Sombreiro amarelo – Optimismo e beneficios
Este é o pensamento positivo e construtivo. Como líder, é clave saber ver as oportunidades, motivar ao equipo e apostar polo potencial das ideas. Exemplo: “Se isto funciona, que beneficios pode traer ao noso proxecto?”
🟢 Sombreiro verde – Creatividade e novas ideas
Aquí activamos o pensamento lateral. O liderado tamén é innovación, cambio, novas perspectivas. Este sombreiro convida a abrir camiños, mesmo cando o mapa non está claro. Exemplo: “E se ofrecésemos isto dun xeito que ninguén fixo antes?”
🔵 Sombreiro azul – Organización e visión global
É o sombreiro do liderado por excelencia. Axuda a coordinar os outros sombreiros, organizar reunións, definir pasos e manter o foco na visión do proxecto. Exemplo: “Que necesitamos agora? Máis datos, máis ideas ou tomar xa unha decisión?”
Como aplicar esta técnica no día a día?
En reunións de equipo para analizar novas ideas, para tomar decisións importantes sobre o rumbo do negocio, para avaliar propostas de investimento ou alianzas e para traballar mellor en grupo son algunhas das aplicacións desta técnica.
A clave está en non quedar atrapado/a nun só tipo de pensamento. Poñer e quitar sombreiros permite analizar mellor, decidir con máis confianza e liderar con máis conciencia.
En Espazo A Proa, fomentamos un liderado emprendedor que non só busca resultados, senón tamén propósito, equilibrio e impacto. E ti, que sombreiro precisas poñer hoxe?