Espazo A Proa súmase á Startup Europe Week 2025

Banner Obradoiro IA
O pasado venres, Espazo A Proa converteuse nun punto de encontro entre a innovación e as persoas reais, celebrando o evento “IA para humanos reais”, dentro da Startup Europe Week 2025 (SEW25). Esta iniciativa aposta por visibilizar o emprendemento local, e nós sumámonos poñendo o foco na intelixencia artificial… pero con mirada humana.

Un obradoiro práctico sobre IA.

Baixo o título “IA para humanos reais”, o obradoiro estivo guiado por @elcreadordenubes, uns dos talentos que desenvolve o seu proxecto “Gran Rural” no espazo,  propuxo un enfoque fresco, crítico e moi aplicable sobre o uso da IA . Falamos do que realmente importa:
A intelixencia artificial non entende se non lle sabes falar, os prompts (as instrucións que lle damos á IA) son tan importantes como saber escribir, interpretar ou argumentar.  E que  a IA non é máxica, senón unha ferramenta que reflicte as nosas intencións, sesgos e límites humanos.
Con exemplos reais, reflexionamos tamén sobre o perigo de delegar o pensamento na máquina, e da importancia de manter o espírito crítico e creativo cando usamos tecnoloxía para expresarnos ou crear. 

Comunidade, aprendizaxe e conexións

O máis valioso, ademáis do contido da formación,  foron as persoas que participaron. Rimos, preguntamos, compartimos dúbidas e descubrimos que non é necesario ser experto para entender e usar a IA con sentido.
Confirmamos algo que xa intuíamos: a tecnoloxía pode ser unha ponte, pero a comunidade é a que constrúe o camiño.
Desde Espazo A Proa continuamos organizando eventos que unen innovación, emprendemento e benestar. Porque sabemos que as ferramentas mudan, pero o que permanece é a vontade de crear xuntas e xuntos un futuro máis consciente, conectado e sostible.
Se es unha persoa curiosa, creativa ou con ganas de aprender, este é o teu sitio.
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Resumen de privacidade

Este sitio web emprega cookies para que lle poidamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecerlle cando regresa ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web lle resultan máis interesantes e útiles.