Emprender é unha aventura emocionante, pero tamén un reto que require unha xestión financeira eficiente. Se tes unha idea de negocio ou levas menos de dous anos coa actividade, aquí tes algúns consellos clave para optimizar os teus recursos e garantir a sustentabilidade do teu proxecto.
1. Define un orzamento realista
Antes de dar o paso definitivo, é fundamental calcular os custos iniciais do negocio. Considera:
- Gastos fixos (alugueiro, subministracións, ferramentas e plataformas dixitais, etc.).
- Gastos variables (materiais, publicidade, servizos profesionais puntuais).
- Un fondo de emerxencia para imprevistos.
Empregar ferramentas como Excel, Google Sheets ou aplicacións como Fintonic pode axudarche a ter un control claro do teu orzamento.
2. Separa as finanzas persoais das do negocio
Aínda que esteas comezando, é moi recomendable abrir unha conta bancaria específica para o negocio. Isto facilitarache a xestión de ingresos e gastos, ademais de evitar confusións á hora de calcular impostos e beneficios.
3. Reduce custos con ferramentas dixitais
Hoxe en día existen moitas aplicacións que che permiten reducir gastos en diferentes áreas do teu negocio:
- Facturación e contabilidade: Contasimple, Quipu ou Holded.
- Xestión de proxectos: Trello, Asana ou Notion.
- Marketing e redes sociais: Canva, Metricool ou Mailchimp.
Moitas destas ferramentas teñen versións gratuítas con funcionalidades suficientes para comezar.
4. Coida a túa fiscalidade
Levar unha contabilidade ordenada é clave para evitar problemas futuros. Se non tes coñecementos fiscais, é recomendable contar cun asesor que che axude con:
- A declaración trimestral do IVE e IRPF.
- A presentación de impostos.
- O aproveitamento de deducións fiscais.
Aínda que poida parecer un gasto adicional, un bo asesoramento pode aforrarche cartos e preocupacións a longo prazo.
5. Planifica a túa rendibilidade
Máis aló dos custos, é importante ter unha estratexia de prezos e ingresos:
- Calcula ben os teus marxes de beneficio.
- Analiza a competencia e axusta os prezos sen comprometer a rendibilidade.
- Valora modelos de ingresos recorrentes, como subscricións ou servizos complementarios.
Optimizar os teus recursos desde o inicio é clave para garantir a viabilidade do teu negocio. Cunha boa planificación financeira, aproveitando axudas e reducindo custos con ferramentas dixitais, poderás construír unha base sólida para o teu proxecto.
Lembra que en Espazo A Proa non só che ofrecemos un espazo de traballo, senón tamén unha comunidade de profesionais cos que compartir experiencias e atopar apoio no camiño do emprendemento.
Se es veciña/o do Concello de Ames e queres saber máis ou necesitas orientación, visita o espazo de coworking e estaremos encantadas de axudarche!