No Espazo A Proa temos a oportunidade de acompañar proxectos en fases moi diferentes do seu ciclo de vida. Porén, hai un denominador común entre todos eles: a necesidade de traducir a visión en acción concreta. Isto, en termos empresariais, é o que chamamos aterrar o proxecto.
Aterrar significa transformar unha idea —por moi innovadora ou inspiradora que sexa— nun plan operativo, viable e sustentable. Sen esta fase, moitas ideas acaban converténdose en intencións frustradas.
1. Da estratexia á operativa: o salto esencial.
O deseño estratéxico é só a primeira fase. A execución require responder a cuestións clave:
- Quen lidera cada área?
- Con que recursos se conta e cales se necesitan captar?
- Cales son os indicadores que permitirán medir a tracción do proxecto?
Un erro habitual é intentar cubrir todos os flancos desde o inicio. A metodoloxía lean startup, por exemplo, recomenda validar o mínimo viable antes de escalar.
2. Definir procesos e prioridades.
É fundamental establecer procesos operativos básicos desde o inicio:
- Relación con clientes.
- Provedores e loxística
- Canles de comunicación e vendas.
- Fluxo financeiro (orçamento, cobros, pagos).
A planificación sen execución concreta é un risco estratéxico. E a execución sen procesos definidos, un risco operativo.
3. Entorno e acompañamento: claves na fase inicial.
A fase de posta en marcha é especialmente delicada. Rodearse dun ecosistema profesional, coma o que ofrecen os espazos de coworking, facilita:
- Acceso a networking cualificado.
- Colaboracións estratéxicas.
- Recursos compartidos que reducen custos e aumentan eficiencia.
4. Iteración, non perfección.
Un proxecto non se aterra para estar pechado, senón para poder evolucionar. Os plans deben ser vivos, adaptables e orientados a resultados reais.
5. A figura da persoa emprendedora como líder de xestión.
Unha parte esencial do proceso de aterrizaxe é asumir o rol de xestor/a, máis alá do creativo ou técnico. Isto implica:
- Tomar decisións baseadas en datos.
- Establecer KPIs e revisar resultados regularmente
- Avaliar riscos e planificar escenarios
Desde a experiencia, sabemos que un bo proxecto non se sostén só sobre a paixón. Precisa estrutura, análise e execución metódica.
Aterrar un proxecto é o primeiro paso para que exista. Sen estrutura, os proxectos non maduran. Sen execución, as ideas non transforman nada.
Se estás nesta fase e buscas un entorno que che facilite a posta en marcha, desde o noso espazo de coworking ofrecemos non só infraestrutura, senón tamén acompañamento profesional, eventos de formación e unha comunidade orientada ao crecemento empresarial.