XORNADA- Fomento do Emprendemento en Cooperativa.

A Xornada Online Fomento do Emprendemento en Cooperativa é unha actividade do programa de colaboración que EspazoCoop realiza coa Deputación Provincial da Coruña durante 2022.

Fai parte dun conxunto de accións do “Itinerario de Emprendemento en Cooperativa” destinado a visibilizar as potencialidades que brinda o modelo cooperativo para:

A xeración de emprego de calidade.

A mellora de determinados sectores socioeconómicos.

O equilibrio territorial.

A xeración e consolidación de redes comunitarias, dinamizando determinados sectores de actividade, particularmente no ámbito dos Coidados.

Favorecer o emprendemento colectivo, en sectores con potencial para contribuír ao desenvolvemento socioeconómico e comunitario.

O “Itinerario de Emprendemento en Cooperativa” incorpora alén desta Xornada, unha acción de Teleformación e un Servizo de Acompañamento e titorización a grupos promotores que queiran emprender en cooperativa.

Data e Horario: Mércores 27 de xullo de 2022, de 10.30 a 13.30 h., a través da plataforma Zoom.

PARA INSCRIBIRTE NESTE ENLACE:

https://ugacota.mx-router-i.com/…/gkjed-ir/6unmi0kdpmq

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.