Resumo do taller sobre SUBVENCIÓNS PARA AUTÓNOMOS no 2022

LEI XERAL DE SUBVENCIÓNS

A lei xeral de subvencións establece dous tipos de subvencións:

Competitivas:

Valoran certas características (menor de 30, persoa en risco de exclusión social, minusvalía, colectivo trans…). Segundo teñas ou non estas características determinadas vai asignárseche ou non a subvención.

Non competitivas:

E unha subvención a que nos presentamos e cumprindo en tempo e forma os seus requisitos nola van dar. Teñen un truco a ter en conta: nestas non hai un orzamento ilimitado, aquelas solicitudes que entran primeiro levan subvención e as demais que cheguen xa cando o orzamento se esgota non.

A maioría de subvencións son de “minimies”, porque veñen de fondos que non permiten ter subvencións de máis de 200.000 euros.

Jorge destaca que unha axuda require que o negocio, teña ou non esa axuda, sexa viable, porque non ten lóxica destinar diñeiro, esforzo, pedir unha indemnización… polo cal non ten sentido perder todo ese valor para un negocio que realmente non temos claro que vai funcionar.

1- PROMOCIÓN DE EMPREGO AUTÓNOMO

Cando nos damos de alta como autónomos podemos ter dúas situacións:
Estamos traballando por conta allea, é dicir, estamos en emprego activo.
Estamos desempregados.

As axudas que se dan soen ser máis e máis cuantiosas para as persoas que están desempregadas. Se estamos dados de alta como demandantes de emprego, xa poderíamos solicitar este tipo de subvencións: da igual o tempo que leves desempregado, como se levas un día. Despois xa o valorarán nos requisitos máis ou menos.

Se somos demandantes de emprego poden darse dúas situacións: que esteamos cobrando unha prestación por desemprego ou non.

Si estamos a cobrar unha prestación por desemprego podemos solicitar a capitalización do paro.

1.1 Capitalización do paro:

É unha medida para fomentar e facilitar iniciativas de emprego autónomo entre personas que estén percibindo la prestación por desemprego de nivel contributivo.

O que se fai é abonar o valor actual do importe de la prestación que reste por percibir a aquellas personas beneficiarias que pretendan:

  • Incorporarse de forma estable como socios/as traballadores/as ou de traballo en cooperativas ou en sociedades laborales xa constituidas, ou constituilas, aunque se mantivera un contrato previo coas mesmas.
  • Desenvolver unha actividade como persoa traballadora autónoma. Non se inclúen neste caso quenes se den de alta como traballadores autónomos económicamente dependentes firmando un contrato cunha empresa ca que mantiveran unha relación contractual inmediatamente anterior á situación legal de desemprego ou que pertenzan ao mesmo grupo empresarial.
  • Destinar o importe a realizar unha aportación ao capital social dunha entidade mercantil de nova creación ou creada nun plazo máximo de 12 meses anteriores á aportación. Sempre e cando se vaia a poseer o control efectivo da sociedade, se vaia exercer na mesma actividade profesional e se produzca unha alta na Seg Social en Réxime Especial de Traballadores por Conta Propia ou no Réxime Especial de Traballadores do Mar.

Para poder solicitar a capitalización do paro preme aquí: solicitudes.

Hai tres tipos de capitalización do paro:

1-Pedida do 100% da capitalización xustificando con inversións na empresa.
2-Solicitar o 60 ou 80, do cal unha parte sería para inversión de empresa e a outra para ir pagando as cotas da Seguridade Social.
3-Cando estou cobrando a prestación por desemprego e me dou de alta de autónomo, podo solicitar, dentro de 270 días, compatibilizar a prestación de desemprego e o paro.

A capitalización do paro non é unha axuda en sí, porque nos xa cotizamos e é algo que xa nos deben dar. Pero se por exemplo estiveramos durante catro anos como autónomos e non o solicitaramos perderíamos esa prestación. É unha forma de non perdela e poder aproveitarnos do xa cotizado.

Seguimos falando da PROMOCIÓN DE EMPREGO AUTÓNOMO agora.

Estando como demandantes de emprego podemos solicitar a subvención de promoción de emprego autónomo. É sinxela, en concorrencia non competitiva.

Remata sempre en setembro a súa solicitude e soe comezar en marzo. A xente que se de de alta como autónoma neste tempo pode presentar esta solicitude.

PREGUNTA:

Unha persoa que comezou a ser autónomo entre setembro – marzo do ano anterior si que pode solicitar a subvención, pero danlle un mes de prazo para solicitala.

Todas as empresas que se presenten entre outubro e marzo non deberían esgotar o orzamento pero unha empresa en setembro ou julio e agosto posiblemente quede sen subvención porque esté esgotada.

RESUMO DE REQUISITOS PARA A SOLICITUDE DA AXUDA DE PROMOCIÓN DE EMPREGO AUTÓNOMO

  • Non ter débedas con facenda e seg social.
  • Non haber solicitado a subvención de emprego autónomo nos últimos catro anos.
  • Non haber estado como empregado autónomo seis meses na mesma actividade. Podería solicitala tres meses despois se estou facendo distinta actividade (tiña un bar e agora monto unha óptica. Debo esperar tres meses para solicitala.)

A capitalización do paro chega no momento como pago único. Pero a subvención de autonomos non, xa que primeiro debemos establecernos como empresa, despois pedir a subvención e logo de estar aprobada pedirannos máis requisitos. Polo menos tárdase en cobrala uns 5 ou 6 meses.

CUANTÍAS DA AXUDA

BASE 1

A cuantía sería 2000 euros para persoas desempregadas en xeral, calquera tipo de desempregado. A forma de xustificala é sinxela porque non precisa xustificación de gastos por facturas. O único que che obrigan é a estar 18 meses coa mesma forma xurídica. Podes migrar cando queiras para outra forma xurídica, pero terías que devolver a subvención se non cumpres este requisito.

Base 2

4000 euros para persoas que se encadren dentro destos colectivos:
Menores de 30
Desempregados de larga duración (12 meses ou máis)
Persoas con discapacidade.
Persoas en risco de exclusión social. (Deben ir a través de informe de servizos sociais).

Incrementos:

Incrementase nun 25% esta cuantía base de 2000 ou 4000 dependendo de:

  • A persoa é unha muller.
  • Se a persoa está situada nun Concello rural.
  • Persoas maiores de 45.
  • Persoas migrantes retornadas
  • Persoa trans.
  • Oficios nos que a muller estea subrepresentada.

PREGUNTA:

Unha coworker pediu a subvención fai catro anos e non lla deron porque se esgotou antes o presupuesto. E neste caso indica se podería volver a pedila agora. A resposta é que sí, xa que ao non ser concedida non terías que cumprir o prazo de presentación, senón que a estarías presentando de novo e de cero.

PREGUNTA:

¿Se te das de alta como autónomo societario podes pedir esta axuda? Podeste dar de alta como sociedade limitada unipersonal como autonomo, pero terías que ir a outro tipo de subvención para sociedades limitadas. Entón neste caso non aplicaría a subvención xa que tes que ser autónomo individual.

Hai que cubrir un anexo 1 de solicitude e un anexo 2 de modelo económico financeiro que asemella fácil xa que non esixen ningún tipo de facturas.

Hai unha cuestión a ter en conta: nos podemos establecernos como sociedade civil.

A sociedade civil é un acordo entre autónomos que incluso pode ser privado e non ten que elevarse a público.

Poderían neste caso de ser sociedade civil solicitar cada unha das partes solicitar a axuda e beneficiarse dela.

ENLACE Á AXUDA:

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TR341D

2- Bonificacións das cuotas da seguridad social.

Tarifa plana:

A tarifa plana para autónomos consiste en empezar cun pago mensual de 60 euros á Seguridade Social en lugar dos 294 euros que constitúen a cota mensual mínima en 2022.

Requisitos:

  • Darte de alta por primeira vez como autónomo.
  • Non estar de alta como autónomo nos últimos dous anos (tres no caso de que anteriormente gozase de bonificación).
  • Se xa estiveches dado de alta en autónomos e te beneficiaches da tarifa plana, que transcorresen polo menos tres anos desde que te deches de baixa. É dicir, podes repetir sempre que pasasen 3 anos entre medias.
  • Non ser autónomo colaborador (réxime especial para familiares dos autónomos).
  • Tamén hai que precisar que os socios de cooperativas de traballo asociado e sociedades laborais si poden optar á tarifa plana.

No caso de pluriactividade, é dicir, traballar á vez como autónomo por conta propia e como asalariado por conta allea, a Lei de Emprendedores introduciu novas bonificacións do 50% da cota de autónomos para eses casos, podendo o autónomo elixir entre a tarifa plana e as reducións da base de cotización por radioactividade.

Requisitos da tarifa plana para novos autónomos de municipios de menos de 5.000 habitantes:

Sumado a todo o anterior os novos autónomos que queiran gozar da tarifa plana por residir en municipio con menos 5.000 habitantes teñen que cumprir estas condicións adicionais:

  • Estar empadroado nun municipio con menos de 5.000 habitantes conforme aos datos ofrecidos polo padrón municipal no momento de alta como autónomo en Seguridade Social.
  • Registrar el alta en Hacienda figurando en la misma la dirección donde se va a desarrollar la actividad. De esta manera la Administración también puede confirmar la población del municipio que da derecho a esta bonificación de la cuota de autónomos.

Contía da tarifa plana para novos autónomos en 2022:

Tramo 1: primeiros 12 meses: cota de 60 euros (redución do 80% sobre a cota basee).
Tramo 2: meses 13 a 18: cota de 146,97 euros (redución do 50%).
Tramo 3: meses 19 a 24: cota de 205,76 euros (redución do 30%).
Tramo 4: meses 25 a 36: cota de 205,76 euros (redución do 30%) para novos autónomos menores de 30 anos e autónomas menores de 35 anos.
Estas cantidades corresponden aos 293,94 euros mensuais que supón en 2022 a cota dos autónomos que cotizan pola base mínima (960,60 euros).

A tarifa plana de 60 euros inclúe continxencias comúns (28,3%) e continxencias profesionais (1,3%) na cotización do novo autónomo, pero deixa fóra o cesamento de actividade e a formación profesional.

En caso de querer optar á prestación social por cesamento de actividade, o novo autónomo debería incluíla na súa cotización véndose obrigado a pagar máis aló dos 60 euros por esta continxencia que cotiza ao 0,9%.

Contía da tarifa plana para novos autónomos de municipios con menos de 5.000 habitantes en 2022

Aqueles autónomos que residan nun municipio con menos de 5.000 habitantes e queiran gozar de descontos para autónomos deben cumprir unha serie de requisitos adicionais:

  • Estar empadroados nun municipio de menos de 5.000 habitantes.
  • Darse de alta na administración de Facenda no devandito municipio.
  • Exercer a súa actividade na rexión que figura no rexistro de Facenda.
  • Estes autónomos pagarán as seguintes contías:

Tramos da contía

Tramo 1: primeiros 24 meses: 60 euros de cota ou unha bonificación do 80% se se cotiza por bases superiores á mínima establecida.

Tramo 2: meses 25 ao 36: 30% de bonificación da cota mínima por continxencias comúns, só para autónomos menores de 30 anos e autónomas menores de 35 anos.

Tarifa plana para persoas con discapacidade, vítimas de violencia de xénero ou vítimas de terrorismo:

Tramo 1: primeiros 24 meses: 60 euros de cota ou unha bonificación do 80% se se cotiza por bases superiores á mínima establecida.
Tramo 2: meses 25 ao 36: 30% de bonificación da cota mínima por continxencias comúns ata completar 5 anos desde a data de alta.

INFORMACIÓN CONSTANTE E ACTUALIZADA SOBRE BONIFICACIÓN DA CUOTA

3- EMEGA

Esta subvención é para mulleres emprendedoras. Traballa por concorrencia competitiva, co cal depende de quen a solicite ese alguén e dos puntos que teña a favor ese alguén para que nola den.

O capital social debe ser máis dun 51% de mulleres.

Non é compatible coa subvención de emprego autónomo.

Temos que ter unha SL. 

Beneficiarios

MICROEMPRESAS ou PEQUENAS EMPRESAS privadas formadas por mulleres que inicien a súa actividade económica ou formalicen os seus plans Activa no período comprendido entre 01/08/2020 e 14/08/2021.

A administración da empresa teñen que exercela mulleres e o capital social estar maioritariamente subscrito por mulleres, no caso de pequenas empresas, e integramente subscrito polas elas cando se trate de microempresas.

Actividades financiadas

A# Liña Emprende:

Incentivos para promover a posta en marcha de novas iniciativas empresariais e a creación de emprego feminino estable por conta propia e allea.

B# Liña Activa:

Incentivos para favorecer a reactivación e consolidación de empresas constituídas por mulleres.

A través de medidas de renovación, implantación, ampliación ou cambio de localización da actividade dirixidas a paliar unha situación económica adversa, e que resulten necesarias para o mantemento do emprego por conta propia e por conta allea.

Tamén así como para conseguir o necesario equilibrio empresarial e asegurar a súa pervivencia e consolidación no actual contexto económico, contexto que se viu agravado pola situación da pandemia polo COVID-19.

C# Liña ITEF:

Incentivos para impulsar a implantación de iniciativas empresariais de carácter innovador, con contido científico ou con base tecnolóxica, promovidas por mulleres e que supoñan a creación de emprego feminino estable por conta propia e allea.

D# Concilia:

Axuda complementaria das liñas Emprende, Activa e ITEF para promover a conciliación da vida persoal, familiar e laboral, nas súas dúas modalidades: Concilia-promotoras e Concilia-persoas traballadoras por conta allea.

As liñas Emprende, Activa e ITEF son incompatibles entre si.

ENLACE PARA SOLICITUDE:
https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?langId=es_ES&codtram=SI429A

MÁIS INFORMACIÓN:
https://www.axudas.gal/es/ficha/SLJ3EW

Aquí tes o enlace ao trámite online:

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?langId=es_ES&codtram=SI429A

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.