Responsabilidade, obxectivos, imprevistos, frustración, dificultades, adversidades e moita moita presión forman parte habitual do proceso de emprendemento 🫠
Cómo xestionar todo isto a nivel emocional e mental pode marcar a diferencia para acadar mellores resultados á hora de emprender 💡
Neste taller con Eva Villar, coworker na Proa, compartiremos cal é o funcionamento do estrés, cómo se dispara e por qué nos resulta difícil saír deste estado con rapidez.
Aprenderemos unha práctica sinxela para desactivar este mecanismo de defensa, recuperar a calma e ser así capaces de afrontar os retos con máis claridade e centramento.
¿Apúntaste? É gratis 🎉 no Espazo A Proa.
Vémonos o día 14 de decembro as 12:00 📲 entradas en:
https://espazoaproa.spaces.nexudus.com/events/1415132563/xestion-do-estres-no-emprendemento