Charla no instituto IES de Cacheiras: aprendendo sobre coworkings

Dende o equipo de Xestión do Espazo A Proa visitamos o IES de Cacheiras para trasladar a máis de 30 alumnos a importancia de centros de cotraballo como A Proa.

Sara Calvo Silva, xestora do Espazo A Proa acudiu ao instituto de Cacheiras para representar ao coworking e contar todo o que este achega ao mundo emprendedor. 

Tratamos o qué é un coworking, explicando ao alumnado os distintos tipos de coworkings que hai (públicos ou privados) e achegámoslle información sobre o Espazo A Proa. Dende os datos máis humanos: cantos coworkers hai, a qué se dedican, qué tipo de eventos se realizan… ata os datos máis técnicos: documentación a achegar para acceder ao coworking, número de postos, tipos de salas…

Os alumnos e o profesor Francisco Bóveda (promotor da idea) formularon varias preguntas: se pode entrar calquera ao coworking sen presentar nada, qué tipo de documentos hai que presentar para entrar, cómo acabou Sara de xestora do Espazo, se hai rondas de financiamento para os coworkers…

Nos 50 minutos que durou a charla, os alumnos tamén viron vídeos sobre proxectos coma o de Indígena Films, productora audiovisual impulsada por Sara Horta, que forma parte do coworking, Sangría Republic, proxecto de Pepa Formoso, que consiste en bebidas de Sangría vegana, sen gluten e con sabores fora do común. 

Igualmente desfrutaron duns minutos de música por parte de Adrián Nieto, co seu proxecto de música smooth jazz con techno e outros xéneros. 

Por outro lado, Sara Calvo presentou os seus proxectos no mundo xurídico: Iuris Fácil (comunidade de profesionales do Dereito) e The Great Iuris (podcast de actualidade xurídica e emprendemento). Con isto, Sara quixo destacar en todo momento a importancia de ter estudos reglados e á vez formarse en outras áreas e materias que nos poden axudar a desenvolver as nosas ideas e darlles un enfoque profesional para poder crear unha empresa.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.