Unirte a Espazo A Proa é unha excelente decisión para mellorar a túa produtividade, ampliar a túa rede de contactos e atopar un ambiente inspirador para traballar. Se es novo no noso coworking, queremos axudarte a integrarte e aproveitar ao máximo todos os recursos dispoñibles.
1. Preséntate e conecta coa comunidade.
O coworking é moito máis que un espazo de traballo: é unha comunidade. A mellor forma de empezar é presentarte para coñecer ás persoas e os seus proxectos . Podes facelo de varias formas:
- Participa nos cafés de benvida, eventos de presentación ou reunións semanais.
- Usa os grupos internos ou plataformas de comunicación do espazo para contar quen es e que fas.
- Iniciar conversas nas zonas comúns.
2. Fai uso dos recursos dispoñibles
O noso espazo de coworking ofrece diferentes servizos que poden facilitar o teu día a día. Asegúrate de coñecer e utilizar:
- Salas de reunións: No noso espazo resérvanse a través dunha aplicación. Son 3 salas perfectas para encontros con clientes ou videoconferencias.
- Zona de lecer e networking: Unha gran oportunidade para socializar e desconectar uns minutos. Facemos unha reunión semanal!
- Materiais e equipamento: Desde impresoras ata taquillas, consulta os recursos dispoñibles e como usalos.
- Conectividade e soporte tecnolóxico: Se necesitas axuda cun problema técnico, pregunta á xestora do espazo.
3. Participa nos eventos e actividades
Os eventos son unha parte fundamental dun coworking. Son unha oportunidade incríbel para aprender, conectar e mesmo atopar colaboracións profesionais.
No caso do Espazo A Proa hay formacións e obradoiros que imparten ou facilitan profesionais externos ao espazo e tamén hai moitas outros eventos que son aportacións das/dos coworkers pola contraprestación do Banco de Tempo.
Tamén celebramos aniversarios, comidas e outras actividades sociais para crear lazos coa comunizade. Cremos que que ter o sostén dunha comunidade para transitar o camiño de emprender é moi importante tanto na fase inicial como na de consolidación do proxecto.
4. Aporta valor á comunidade
O coworking é un ecosistema onde todas as persoas podemos achegar algo. Se queres integrarte rápido e sentirte parte da comunidade, unha boa estratexia é:
- Compartir o teu coñecemento en pequenos encontros ou charlas informais.
- Colaborar con outros/as coworkers en proxectos. (Banco de Tempo)
- Ser proactivo e propoñer iniciativas que poidan beneficiar a todas as persoas que integran a comunidade.
5. Respecta as normas e o espazo compartido e aproveita a flexibilidade do coworking.
- Xestiona o teu horario de maneira eficiente para aproveitar ao máximo os momentos de maior concentración e descanso.
Integrarte no Espazo A Proa é unha experiencia moi enriquecedora se aproveitas todas as oportunidades que ofrece. Presentarte, usar os recursos, participar en eventos e colaborar con outras/os profesionais farán que a túa experiencia sexa útil e gratificante.
Estaremos encantados de axudarte en todo o que necesites, así que non dubides en preguntarnos.