Entrevista en Radio Ames – sobre os eventos da Proa e novidades no espazo

No día de onte tivemos a sorte de participar en Radio Ames para falar sobre os grandes avances do Espazo A Proa. A nosa xestora, Sara Calvo comentou os eventos realizados no mes de marzo, explicando a importancia que tiveron á hora de sentar as bases no camiño dos emprendedores que se enrolaron na Proa.

Ademáis diso, puido comentar os novos talleres que se realizarán no mes de abril. Sendo o primeiro deles o taller de Desafíos Legais do Emprendemento. Mediante este taller, que se celebrará no día de hoxe as 18:00, dúas avogadas, Marian Lopez Cabezuelo e Jessica Lavandeira van a tratar puntos clave a nivel legal para os emprendedores.

As entradas son de balde e aínda estás a tempo de anotarte!

Entrevista en Radio Ames

Podes escoitar no programa de Radio Ames do día de onte todo o que comentamos sobre o Espazo:

Somos Ames 06/04/2022

Preme no enlace para escoitar o podcast.

Participación do Espazo noutros medios

A parte de poder obter información sobre o espazo en periódicos da contorna, redes sociais do Concello e na radio local, podes ver próximos eventos e vídeos sobre o Espazo nas pantallas dispoñibles no Concello e Casas da Cultura.

Non te perdas os próximos eventos do Espazo A Proa! Vémonos.

TODOS OS EVENTOS AQUÍ

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.