O Espazo A Proa da paso a un novo ciclo de eventos que comezan en abril e se enfocan nos seguintes pasos clave para un emprendedor: os desafíos legais á hora de emprender, a posta en marcha no mundo dixital…
Neste novo evento realizarase un primeiro taller con Jessica Lavandeira, Avogada, Xestor Administrativo e Mediadora que traballa na zona de Carballo, Coruña e Santiago de C. e con Marian Lopez Cabezuelo, avogada Fiscal, laboral, empresa, civil e mediadora que presentará a ponencia dende Albacete.
Este evento é organizado en colaboración coa plataforma iurisfacil.com, portal xurídico e comunidade emprendedora da que Marian e Jessica forman parte. Iuris Fácil foi fundado en Galicia por Sara Calvo, xestora actual do Espazo A Proa, e presenta seguidores a nivel
nacional e internacional.
Con este evento híbrido, no que haberá asistentes presenciais e online, preténdese ir máis alá das fronteiras físicas para presentar a toda España dende as redes sociais da Proa os desafíos reais dos emprendedores a nivel legal. Para isto trataranse as seguintes temáticas:
- Altas para inicio de actividade.
- IAES e a importancia de encuadrar correctamente.
- Obrigas fiscáis e explicación de cada modelo.
- Certificado dixital e relación ca administración.-
- Facturas (retención no caso de profesionais, validez de facturas en pdf etc)
- Protección de datos. (fincapé en tema web, correos…)
- Pólizas de seguros recomendables ou obrigatorias.
- Contratos con consumidores e de colaboración. Cláusulas necesarias.
- Pinceladas sobre consumo, reclamacións, devolucións etc.
- Rexistro de marca e patente intanxible (dependendo das actividades que realicen).
- Consideracións xenéricas sobre sociedades, para que teñan orientación de en que momento deberían pasar a ser sociedade e por qué.
DATA E HORA:
7 DE ABRIL AS 18:00 NA SALA MARUXÍA no Espazo A Proa en Rúa Hedras 2, Milladoiro.
Podes inscribirte en: