Coworking visa

Que é a modalidade Coworking Visa?

Esta modalidade de Coworking Visa permite aos membros activos dun espazo de coworking utilizar outros espazos en todo o mundo de forma gratuíta durante un número determinado de días. A norma xeral é que este uso dure tres días.

Condicións de uso do coworking visa

As condicións de uso van variar dun espazo a outro en canto ás horas gratuítas dispoñibles en cada un, aos días que poidan ofrecer, os requisitos que presenten á hora de facer reservas, etc.

A idea é que os coworkers comproben con antelación os requisitos ou servizos de cada espazo que se desexen visitar.

Coworking Visa dentro da Rede Provincial

Para facilitar a mobilidade de coworkers dentro da Rede Provincial de Espazos de Traballo, os coworkers poden poñerse en contacto con outros coworers da mesma rede de forma áxil e tamén aproveitar o coworking visa para acudir a outros espazos.

Para acceder á modalidade de coworking visa dentro da Rede Provincial de Espazos de traballo, preme na seguinte ligazón e solicitao no formulario:

https://redecoworking.pel.gal/coworking-visa/

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.