Coworking days: Descubre o mundo de vantaxes do coworking

EVENTO Á VISTA!

Dubidas de se o coworking é o teu espazo ideal? Non tes claro para qué serve o coworking ou qué pode aportarche?

Sorprenderíaste da cantidade de persoas que pensan que non poden optar a unha praza nun coworking polo simple feito de que non están ben informadas de todas as posibilidades que se lles ofrece.Non te quedes coa dúbida de se o teu proxecto ten cabida, se podes optar ao coworking porque cumples os requisitos, nós vamos a poñerche todas as facilidades posibles.

Precisas un impulso? A veces falar con alguén que compartiu momentos con centos de emprendedores axuda a aclarar as dúbidas. Incluso as que nos parecen pequenas, pero que acaban sendo moi importantes!

Gustavo Marcos Cancelas. Quén é e qué ven facer á Proa?

Gustavo foi CEO de UNINOVA (incubadora de empresas innovadoras) durante 12 anos. Ademáis, é Licenciado en Ciencias Físicas e MBA (Mestría en Administración de Empresas).

O ponente deste taller tamé traballou na banca (Caixanova) no Dpto. de Marketing e no grupo industrial Cortizo como director de márketing e de I+D.

Ademáis do anterior, foi profesor da materia “Innovación e Emprendemento” do Master SIC (Sociedade da Información e Coñecemento) da Universidade de Santiago dende 2008 á actualidade.

E por suposto, é relator sobre temas de innovación e creación de empresas de base tecnolóxica en congresos internacionais, xornadas e cursos de verán en varias universidades.Todo isto fai que sexa a persoa perfecta para ser o ponente deste primeiro taller no espazo de coworking A Proa.

A persoa perfecta para facerche ver todo o que o coworking vai a traer á túa vida emprendedora.Non te perdas este taller no que vas a poder vivir GRATIS a experiencia de visitar o coworking e aprender dunha persoa con moitos anos de experiencia no mundo empresarial e emprendedor.

Vai preparando a túa lista de preguntiñas para Gustavo, asegurámosche que vai a estar encantado de compartir todo o seu coñecemento contigo.

Inscríbete aquí:

quero asistir!

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará