Coworking days: LEGO serious play- construíndo o teu modelo de negocio

Este evento consiste en realizar un LEGO®  SERIOUS PLAY® ( LSP).
O método Lego®  Serious Play® ( LSP) é unha técnica para facilitar a reflexión, a comunicación e a resolución de problemas que pode ser utilizada por organizacións, equipos de traballo e calquera persoa en xeral.

Quén será o invitado deste evento?

Dani Diéguez será o ponente.
Dani é emprendedor e socio cooperativista en Apoio.coop, licenciado en ADE, Scrum Master e facilitador de LEGO Serious Play.

Participa como docente e mentor de numerosos programas de apoio ao emprendemento e empregabilidade (Red Eusumo, RR_dTerritorio, RR_dMentoring, Vives Emprende, EduEmprende, Coworking EOI, Se Buscan Héroes, SoyEmprended@r, Yo Emprendo, NoNeets…). Tamén é organizador de eventos sobre innovación e emprendemento (TEDxXardíndoPosío, TED Circles, Startup Europe Week, Trainers for the Future, etc).

Qué imos facer?

Realizar un LEGO®  SERIOUS PLAY® ( LSP) co especialista na temática Dani Diéguez.

Este método é útil, a nivel de organización, cando queremos conseguir a implicación e participación de diferentes partes na toma de decisións, e cando nos atopamos nun contexto complexo no que as boas decisións requiren compromiso e adaptabilidade.

Todo o mundo participa na sesión o 100% o 100% do tempo. 

O éxito de  LSP baséase en que o proceso de construción a través das pezas de LEIGO aproveita a capacidade humana para imaxinar, describir e comprender unha situación, así como para iniciar cambios e melloras ou crear algo radicalmente novo. Cando usamos as nosas mans, desenvólvese un proceso complexo que xera unha forte carga emocional. «Pensar a través das túas mans» dá renda solta a ideas, inspiración e imaxinación.

Quén pode inscribirse?

Toda persoa con interese no taller, no cal poñeremos a proba as nosas mentes para facer un auto análise como emprendedores dunha maneira pouco habitual.

Cómo inscribirse?

Só tes que facer click AQUÍ.
Este evento é totalmente GRATUITO.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.