Xeralmente nos falan das cousas que temos que facer, pero nesta entrada falaremos dos erros máis comúns que debes evitar para garantir que o teu emprendemento prospere. Aquí destacamos os oito erros máis importantes para que poidas previr problemas e mellorar as túas posibilidades de éxito.
1. Falta de investigación do mercado
Un dos erros máis frecuentes é non realizar unha investigación de mercado adecuada. Coñecer o teu mercado, os teus competidores e as necesidades dos teus clientes potenciais é fundamental para crear un produto ou servizo que realmente teña demanda. Sen esta investigación, corres o risco de ofrecer algo que para ti é importante pero que moi poucas persoas necesitan ou desexan.
2. Non ter un plan de negocios
Na entrada anterior ofrecimos unha guía para facer un plan de negocio. Moitas persoas que deciden emprender subestiman a importancia de ter un plan de negocios sólido. Este documento guía as túas accións e decisións, e axúdache a establecer metas claras e alcanzables. Sen un plan, é fácil perderse e tomar decisións erradas. Un bo plan de negocios tamén pode ser esencial para atraer investidores e obter financiamento.
3. Subestimar os custos
Outro erro común é subestimar os custos iniciais e operativos. É crucial ser realista sobre o investimento necesario e ter un colchón financeiro para imprevistos. Non contar con suficiente capital pode levar a problemas de liquidez. Fai un orzamento detallado e revisao regularmente para asegurarte de que estás no camiño correcto.
4. Non definir o público obxectivo
Intentar vender a todo o mundo é un erro. É mellor identificar un segmento específico e concentrar os teus esforzos en satisfacer as necesidades do teu “avatar” de cliente. Isto axudarache a dirixir mellor os teus recursos e a crear unha relación máis forte cos teus clientes. Coñece ben ao teu público obxectivo e adapta a túa oferta ás súas preferencias e expectativas. Para isto podes utilizar a ferramenta do Mapa da Empatía. Falaremos disto nas próximas entradas.
5. Non escoller o equipo axeitado
Rodearte de persoas competentes e comprometidas co proxecto é clave. Un bo equipo complementa as túas habilidades e axúdache a superar os desafíos.
6. Ignorar os feedbacks
Non escoitar aos teus clientes ou ignorar os seus feedbacks é un erro que pode custar caro. Os comentarios dos clientes son valiosos para mellorar o teu produto ou servizo e para adaptarche ás súas necesidades cambiantes. Escóitaos.
7. Ignorar o Marketing Dixital
No mundo actual, ignorar o marketing dixital é un erro grave. As redes sociais, o SEO e o marketing de contidos son ferramentas poderosas para chegar a novos clientes e fidelizar aos existentes. Inviste tempo e recursos en aprender e aplicar estas estratexias e tamén en escoller cal é a rede social adecuada para chegar ao teu público obxectivo. Un erro moi común é que se perden moitos recursos en ter presenza en todas, cando realmente a taxa de conversión é moi baixa. Escolle onde estar presente.
8. Falta de perseveranza
A falta de perseveranza e a rendición ante os primeiros obstáculos poden impedirche alcanzar a prosperidade. Aprende dos teus erros e sigue adiante con determinación.
Evitar estes erros comúns pode mellorar significativamente as túas posibilidades na viabilidade do teu camiño no emprendemento. Un camiño cheo de aprendizaxes e oportunidades de crecemento. Planifica ben, coñece o teu mercado e, sobre todo, mantén unha actitude resiliente.