Espazo A Proa: sede principal do amesAv_lab

BANNER COOPERACIÓN visión misión propósito (1)

O pasado 23 de abril tivemos no Espazo A Proa a Comisión de Avaliación de Candidaturas, encargada de realizar as entrevistas aos 40 proxectos presentados dos cales seleccionaranse un máximo de  15 que pasarán a formar parte do programa amesAv_lab durante 8 meses.

Ames AV LAB é un laboratorio para o impulso da nova produción audiovisual dende o Concello de Ames. Enmárcase dentro do Plan de Emprego Local, cofinanciado pola Deputación Provincial da Coruña. Concíbese como un laboratorio de aceleración de proxectos audiovisuais para impulsar a produción, fomentar o talento emerxente e dinamizar o impulso do importante tecido produtivo audiovisual do concello de Ames.

A Comisión de Avaliación de Candidaturas, encargada de realizar as entrevistas, está composta pola deputada provincial de Industria, Emprego, Política Demográfica e Medio Ambiente, Rosana García, como representante da Deputación da Coruña; a concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, como representante do Concello de Ames; Rocío González, de Mirabelle Comunicación, e Antonio Veiga, de Ficción Producciones, como representantes do tecido empresarial do sector audiovisual de Ames; Manuel Mosquera, de Producciones Audiovisuales Sete Media, como membro adicional do xurado proposto polo Concello de Ames; e Ramón Tubío, director operativo de Ames AV Lab, como secretario con voz pero sen voto. Ademais, tamén participou, con voz pero sen voto, a técnica municipal do Concello de Ames, María Lloves.

Os destinatarios do proxecto son creadores do sector con proxectos non iniciados ou en fases iniciais de desenvolvemento, que non teñan data de inicio de rodaxe definida.

Os proxectos que participan son  curtametraxes, longametraxes, series, documentais, narrativas inmersivas e realidade virtual, e outros contidos audiovisuais de carácter fundamentalmente narrativo, priorizando os proxectos do ámbito local e provincial.

No espazo A Proa sentimos este día con moita ilusión por  participar  como sede principal deste programa e acoller a tantas iniciativas e mentes inquedas. 

Agora só queda esperar os resultados para comezar!

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.