Esta semana no Espazo A Proa temos taller para nais e pais, persoas adultas que estean en contacto coa infancia e queiran profundar en que lles pasa a elas e eles con aquilo que os seus fillos e fillas necesitan.
Este taller será o día 12 as 11:00 no coworking, e será dado por @doceluascrianza ✨
Sabemos que o máis fácil é entrar no xuízo do ” é que se move moito… é que dorme pouco” .
Entrar nas profundidades non é fácil porque é recoñecer de onde vimos, que nos pasou e responsabilizarnos de cara a onde queremos ir.
Por iso Nieves ofrece o seu acompañamento, se desexas seguir co xuízo e a mirada cara a fóra este non é o teu lugar. 💫
Agora se es unha persoa adulta, responsable e con ganas de que as os teus fillos e fillas crezan cun vínculo san, espéroche… É hora de deixar de mirar que mal está a sociedade e facer algo para camabiala.
Depende de cada unha de nós.
Entradas gratuitas aquí: eventos espazoaproa