Iniciación ao Portugués para emprendemento e actividades cotiás

Novo taller no Espazo A Proa para o día 19 de outubro as 17:30.

Vimos de presentar un novo ciclo de talleres no coworking Espazo A Proa. Neste taller
vamos aprender conceptos básicos sobre a lingua portuguesa (para viaxar, presentarse,
conceptos xerais de uso diario).

A ponente deste taller é Kika, coworker do Espazo A Proa e doutora en educación pola
Universidade de Santiago de Compostela, master en lingüística xeral (USC) e licenciada en
filoloxía portuguesa pola Universidad Federal de Bahía.

Segundo a tipoloxía de asistentes ao taller, Kika vai perfilar aos usuarios para poder crear
máis talleres de lingua portuguesa, nese caso para o eido do emprendemento e a actividade
que realicen os usuarios (arquitectura, avogacía…)

En concreto, neste primeiro taller, comezaremos cunha introdución á historia da lingua
portuguesa e a presentación de conceptos elementais na lingua portuguesa.

Para asistir ao evento, cómpre facerse cunha entrada gratuíta na seguinte ligazón: https://espazoaproa.eventos

Vémonos no Espazo A Proa o día 19 de outubro as 17:30.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.